Edu emprende

Sáb, 24/09/2011 - 17:58
baner edu emprende

Como resposta á grave situación de desemprego xuvenil que a sociedade está a padecer na actualidade, a Subdirección Xeral de Formación Profesional está a poñer en marcha un ambicioso plan para instaurar unha cultura de emprendemento en todo o sistema educativo e en particular no alumnado de Formación Profesional, chamado eduemprende.

A transmisión de habilidades específicas ao alumnado para emprender era unha tarefa que tradicionalmente estaba incluída nos Ciclos Formativos da FP con exclusividade nos módulos de "Formación e Orientación Laboral" e "Empresa e Iniciativa Emprendora". Con este novo plan, preténdese reorientar a docencia de todos os módulos para que tamén inclúan entre os seus obxectivos a adquisición dunha cultura de emprendemento.

Para tal efecto a Consellería de Educación conta co apoio na formación e no asesoramento a través do Igape.

O plan eduemprende, completa outras iniciativas no mesmo senso coma o proxecto FP plus ou o proxecto inicia. O próximo plan anual de formación do profesorado de Formación Profesional, inclúe entre as súas directrices: "Fomentar a promoción do emprendemento", co obxectivo de dotar ao profesorado de formación específica neste eido de cara a poder incluír estas habilidades na súa actividade docente.