Atención á diversidade

Na nosa comunidade, a atención á diversidade vén regulada polo Decreto 229/2011, do 7 de decembro (DOG, 21/12/2011). Nesta norma, defínese a atención educativa á diversidade como o conxunto de medidas e accións deseñadas coa finalidade de adecuar a resposta educativa ás diferentes características, potencialidades, ritmos e estilos de aprendizaxe, motivacións e intereses e situacións sociais e culturais de todo o alumnado. Estas medidas e accións implican a toda a comunidade educativa e deben concretarse en propostas curriculares e organizativas que teñan en conta a pluralidade de todo o alumnado.
A formación que imparte o CAFI para a atención á diversidade vai destinada a todo o corpo de mestres e profesores de todas as etapas educativas, xa que a Escola Inclusiva ha de dar resposta a todas as necesidades educativas específicas que se poidan presentar.