Equipos directivos

Sáb, 24/09/2011 - 17:44
baner equipos directivos

Os Equipos Directivos xogan un importante papel para o bo funcionamento e a mellora da calidade dos centros educativos. Son un factor clave na dinamización dos procesos de ensinanza, no desenvolvemento de prácticas pedagóxicas innovadoras e na creación dun clima organizacional que favoreza unha visión compartida entre docentes, familias e alumnado.

O itinerario formativo elaborado dende o CAFI pretende:

  • proporcionarlles aos directivos noveis as ferramentas básicas para o exercicio das súas funcións,

  • potenciar as competencias técnicas e profesionais dos directivos escolares en activo mediante unha actualización permanente,

  • favorecer a creación de redes profesionais,

  • incrementar o seu interese pola innovación e a investigación, potenciando o liderado pedagóxico, organizativo e relacional.