Saúdo a navegantes
Sáb, 24/09/2011 - 17:41

Benvidos ao Departamento de Organización Escolar e Diversidade. Neste Departamento planificamos e desenvolvemos actividades formativas dirixidas aos centros de ensino concibidos como unidade e diversidade educativa. Estas accións enfócanse á actualización permanente do profesorado cara ao avance de aulas e centros intelixentes. Todos nós, colaborativamente, mediante unha organización escolar eficiente, a atención á diversidade do alumno, a orientación educativa, a convivencia positiva e a implicación responsable de toda a comunidade somos quen de mellorar, achegar e cooperar en prol da excelencia educativa. Contamos convosco. As nosas portas están abertas á participación e suxestións.