Cualificacións definitivas da proba PEB dos premios extraordinarios de bacharelato do curso 2025/2026

Gallego

Anexo IV (Solicitude) para optar á subvención do Premio Extraordinario de Bacharelato do curso 2025/2026 (ED311A).

O prazo de presentación de solicitudes será de un (1) mes a partir do día seguinte da publicación das listaxes de cualificacións definitivas da proba PEB da convocatoria, isto é, do 17 de xullo ao 17 de agosto, ambos incluídos. As solicitudes de participación presentaranse preferiblemente por medios electrónicos.

 

Ensinanza: 

Colectivo: 

Publicación de apertura do prazo relativo ao procedemento polo que se regulan os intercambios provisionais de prazas do persoal docente

Gallego

De acordo co establecido no artigo 4.3 da Orde do 4 de xullo de 2019 pola que se modifica a Orde do 17 de xuño de 2017 pola que se regulan os intercambios provisionais de prazas do persoal docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, en centros dependentes desta consellería (código de procedemento ED002A) (Diario Oficial de Galicia número 124, do 30 de xuño), ábrese o prazo para as persoas que non estean obrigadas a participar no concurso de adxudicación de destinos provisionais do curso académico correspondente desde o día 15 de xullo ata o 31 de xullo de 2026.

 

Colectivo: 

Listaxe provisional de centros docentes autorizados para a participación no programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado, CUALE, durante o curso 2026/27

cuale
Gallego

Achégase  a listaxe provisional de centros docentes autorizados para a participación no programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado, CUALE, durante o curso 2026/27.

Ábrese un prazo de prazo de cinco días hábiles para posibles reclamacións.

 

Resolución do 1 de xullo de 2026 pola que se resolve a adxudicación das axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2026, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos

galemundo
Gallego

Publicada resolución do 1 de xullo de 2026 pola que se resolve a adxudicación das axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2026, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

Ensinanza: 

Colectivo: 

Resolución provisional de concesión de axudas a centros privados concertados para a contratación de profesorado de apoio e reforzo PROA+ nos cursos 2026/27 e 2027/28 no marco do FSE+

Inclusión
Gallego

Resolución provisional de concesión de axudas a centros privados concertados para a contratación de profesorado de apoio e reforzo PROA+ nos cursos 2026/27 e 2027/28 no marco do Programa de emprego, educación, formación e economía social do Fondo Social Europeo Plus (FSE+) no período de programación 2021-2027 (código do procedemento ED301M).

 

Colectivo: 

Picasso Mob 26/27, convocatoria e selección de centros e alumnado para participar no programa EduMob de intercambio individual de alumnado

Galemundo
Gallego

Achégase resolución de convocatoria e selección de centros e alumnado matriculado en centros públicos de ensino non universitario da Comunidade Autónoma de Galicia para participar no programa Picasso Mob de intercambio individual de alumnado en réxime de reciprocidade con alumnado matriculado en centros pertencentes á Région Académique de Bourgogne-Franche Comté (Francia) durante o curso 2026/2027.

 

  • O prazo para a presentación de solicitudes será de 15 días naturais, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución.

A solicitude realizarase a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/portada).

(O prazo remata o 29 de xullo de 2026)

Ensinanza: 

Colectivo: 

Formación Profesional Dual intensiva. Resolución provisional de solicitudes. Curso 2026-2027

Gallego

Publicación de ciclos e cursos de especialización de FP con prazas liberadas

  • Oferta dual intensiva.
  • Oferta de Formación acelerada.
  • Oferta ordinaria.
  • Oferta modular.
  • Cursos de especialización.

 

Tema: 

Proposta listaxe provisional de persoas seleccionadas no Programa Retorna Talento FP 2026-2026

Gallego

Publicada a proposta de listaxe provisional de persoas seleccionadas e non seleccionadas no Programa Retorna Talento FP 2026-2027.

Publicación das cualificacións provisionais da proba PEE dos Premios Extraordinarios de ESO ao Rendemento Académico correspondientes ao curso 2025/26

Gallego

O prazo de reclamacións será do 14 de xullo ao 20 de xullo (5 días hábiles comezando ao día seguinte da publicación destas listaxes). As reclamacións realizaranse no centro educativo.

 

Colectivo: 

Instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo no curso 2026/27

Gallego

Resolución do 3 de xullo de 2026 pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo no curso 2026/27.

Tema: