×

Mensaxe de erro

  • Warning: array_flip(): Can only flip STRING and INTEGER values! en DrupalDefaultEntityController->load() (liña 175 de /srv/www/drupal/htdocs/includes/entity.inc).
  • Warning: array_flip(): Can only flip STRING and INTEGER values! en DrupalDefaultEntityController->cacheGet() (liña 391 de /srv/www/drupal/htdocs/includes/entity.inc).

Actualizada a bolsa de solicitantes de Intercambios provisionais de destino para o profesorado de educación infantil e primaria

Mér, 22/08/2018 - 14:00

O persoal docente que teña xa destino para o próximo curso 2018/2019 e que desexe intercambiar o seu posto de destino pode solicitar  a súa inclusión na Bolsa de intercambios provisionais cubrindo todos os datos que se recollen no formulario cuxo enlace figura nesta páxina.

No caso de que estean participando na adxudicación de destinos provisionais para o próximo curso tamén poderán solicitar a súa inclusión a partir da resolución desta.

Recordámoslle que só se terán en conta as peticións do persoal docente que efectúe este trámite a  través do formulario, polo tanto todas as solicitudes realizadas por correo ordinario ou correo electrónico ata agora non se teñen en conta.

Orde do 17 de xuño (DOG do 30 de xuño) pola que se regulan os intercambios provisionais de prazas.

Orde do 13 de xuño pola que se ditan normas para a adxudicacion de destinos provisionais (DOG do 26 de xuño)

É importante que recorden que a partir da publicación da Orde do 17 de xuño que regula os intercambios provisionais, a presentación das solicitudes será desde o día seguinte da publicación na páxina web da consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da adxudicación definitiva de destinos provisionais e ata o día 2 de setembro e presentaranse obrigatoriamente por sede electrónica tal e como se establece nos artigos 3 e 4 da dita orde.

Dirección de correo electrónico: permutas.primaria@edu.xunta.es

Teléfonos: 981 545495, 981 957795, 981 544487

 

Menú Advertisement

Permutas

Sen términos