FSE+ Galicia 21-27 – Ciclos Formación Profesional STEP

Mar, 17/06/2025 - 09:02

                   Fondos europeos

Esta é unha medida que se pon en marcha coa finalidade reducir, entre a poboación galega, a escaseza de man de obra e capacidades STEP de acordo cu Regulamento (UE) 2024/795, co obxecto de contar con capital humano ben formado e con competencias, sobre todo para aquelas actividades con demandas específicas de cualificación, e dar oportunidades formativas e, en consecuencia, laborais en industrias STEP clave.

Esta operación encádrase no Obxectivo Político 4. Unha Europa máis social e inclusiva, por medio da aplicación do piar europeo de dereitos sociais, Prioridade 9. STEP, Obxectivo específico ESO4.5. Mellorar a calidade, a inclusividade, a eficacia e a pertinencia para o mercado laboral dos sistemas de educación e formación, especialmente a través da validación da aprendizaxe non formal e informal, co fin de contribuír á adquisición de competencias clave (incluídas as capacidades empresariais e dixitais), e de promover a introdución de sistemas de formación dual e de aprendizaxe profesional. Medida 9.E.01 Ciclos Formativos para facer fronte á escaseza de man de obra e capacidades STEP.

Esta operación está cofinanciada nun 100% pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, a elexibilidade desta operación no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027 queda supeditada ao resultado da reprogramación que deberá ser aprobada por parte da Comisión Europea. Esta achega contribúe a financiar os custos laborais do profesorado que intervén nos programas e os custos indirectos derivados da súa realización.

Normativa

Documentos de programación e xestión

Operacións seleccionadas

Gastos de funcionamento

Información e comunicación

Obrigas en materia de difusión e publicidade:

  • Informar, deixando constancia material, ao profesorado e ao alumnado participante sobre o cofinanciamento.

  • Poñer no taboleiro de anuncio do centro educativo e na súa páxina web, se a tiver, o cartel anunciando a axuda do FSE+ segundo o modelo que se xunta no enlace anterior

  • Na documentación e nos materiais de comunicación relacionados coa execución destes programas destinados ao público e aos participantes, incluirase unha mención que destaque a axuda da Unión de maneira visible. Tamén se recomenda incluír a referencia ao Programa FSE+ Galicia 21-27.

Enlaces de interese: