Cultura e Educación participa na entrega de premios de 'Vive a paixón'
Jue, 11/04/2013 - 18:52
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou esta mañá no acto de entrega de premios dos certames pertencentes ao programa "Vive a paixón", nos que a Secretaría Xeral de Política Lingüística colaborou coa Confraría de Estudantes e mais co Concello de Santiago de Compostela.
A iniciativa foi impulsada conxuntamente coa finalidade de promover o uso da lingua galega no marco da celebración da Semana Santa, a través de diferentes actividades vencelladas ás tecnoloxías da información e da comunicación e ás redes sociais.