III Premio Nacional de Educación para el Desarrollo "Vicente Ferrrer"
A Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID), adscrita ao Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación, convoca, xunto co Ministerio de Educación, o III Premio Nacional de Educación para o Desenvolvemento.
Obxecto da convocatoria
Este premio ten por obxecto premiar experiencias educativas, proxectos ou propostas pedagóxicas que se estean levando a cabo nos centros educativos sobre Educación para o Desenvolvemento, ao longo do curso 2010/2011, destinadas a sensibilizar, concienciar, desenvolver o espírito crítico e fomentar a participación activa do alumnado na consecución dunha cidadanía global, solidaria, comprometida coa erradicación da pobreza e as súas causas e o desenvolvemento humano e sostible.
Obxectivo principal
Favorecer a práctica da Educación para o Desenvolvemento nos centros educativos.
Obxectivos específicos
- Presentar e intercambiar entre os participantes as prácticas educativas premiadas.
- Formar en Educación para o Desenvolvemento, A formación correrá a cargo de persoas expertas en Educación para o Desenvolvemento europeas e/ou latinoamericanas.
- Realizar visitas organizadas aos proxectos educativos que a Cooperación Española ten en Bolivia
Dirixido a:
Centros Docentes sostidos con fondos públicos (públicos e concertados) nos niveis de infantil, primaria, secundaria, formación profesional, bacharelato e educación de persoas adultas.
Contido do Premio
Premiaranse 15 experiencias educativas, repartidas entre os distintos niveis educativos (memorias e solicitudes independentes para cada nivel educativo naqueles centros que impartan varios niveis educativos).
Un máximo de dous dos docentes responsables de cada experiencia educativa premiada viaxarán a Bolivia para participar no Seminario de Intercambio e Formación en Boas Prácticas en Educación para o Desenvolvemento celebrado baixo o auspicio da AECID. O seminario celebrarase no Centro de Formación da Cooperación Española de Santa Cruz de la Sierra entre o 27 de agosto e o 4 de setembro de 2011, terá unha duración de 40 horas lectivas recoñecidas como créditos de formación polo Ministerio de Educación.
Prazo de presentación
Desde o 23 de marzo ata o 6 de maio de 2011