Convocatoria de traballo:

Solicitude de actividades de formación no estranxeiro

PUBLICACIÓN RESOLUCIÓN DEFINITIVA PIALE 2024 (07-06-2024)

Tal e como se recolle no Artigo 15.3. da Orde do 30 de xaneiro de 2024, faise pública a Resolución Definitiva de solicitudes admitidas e excluídas do programa PIALE 2024.

1 - PIALE. Integración para profesorado de inglés en infantil e primaria

2 - PIALE. Integración para profesorado de inglés de secundaria e formación profesional

3 - PIALE. Integración inglés para profesorado CLIL de ESO e bacharelato

4 - PIALE. Integración inglés para profesorado CLIL de infantil e primaria

5 - PIALE. Integración inglés para profesorado CLIL de FP

6 - PIALE. Integración en lingua portuguesa para profesorado especialista e CLIL secundaria, formación profesional

7 - PIALE. Integración en lingua francesa para profesorado especialista de francés e CLIL de primaria, secundaria, formación profesional

8 - PIALE. Inglés para profesorado especialista de infantil e primaria

9 - PIALE. Inglés para profesorado especialista de secundaria, formación profesional e EOI

10 - PIALE. Inglés para profesorado CLIL de infantil e primaria

11 - PIALE. Inglés para profesorado CLIL de secundaria, formación profesional e ensinanzas de réxime especial, agás EOI

12 - PIALE. Francés para profesorado especialista e CLIL de primaria, secundaria, formación profesional e ensinanzas de réxime especial

13 - PIALE. Portugués para profesorado especialista e CLIL de secundaria, formación profesional e ensinanzas de réxime especial

14 - PIALE. Alemán para profesorado especialista e CLIL de secundaria, formación profesional e ensinanzas de réxime especial

 

DATAS E DESTINOS MODALIDADE CURSOS 2024

DATAS E DESTINOS MODALIDADE INTEGRACIÓN 2024

 

MODALIDADE CURSOS: As empresas adxudicatarias contactarán coas persoas admitidas a próxima semana para a organización das estadías. 

MODALIDADE INTEGRACIÓN: As empresas adxudicatarias contactarán coas persoas admitidas en setembro 2024 para a organización das estadías. 

 

PREVISIÓN PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITIVAS PIALE 2024 (23/05/2024)

As listaxes definitivas publicaranse a primeira semana de xuño 2024

 

PUBLICACIÓN RESOLUCIÓN PROVISIONAL PIALE 2024 (3-05-2024)

Tal e como se recolle no Artigo 15.3. da Orde do 30 de xaneiro de 2024, faise pública a Resolución Provisional de solicitudes admitidas e excluídas do programa PIALE 2024. Ábrese un prazo de cinco días hábiles para efectuar reclamacións ou renuncias á concesión das actividades perante a persoa que exerza a presidencia da comisión que rematará o venres 10 de maio de 2024, incluído. A renuncia á adxudicación dunha actividade considérase renuncia a todas as actividades que a persoa interesada marcase na súa solicitude.

As reclamacións ou renuncias deberán presentarse electronicamente, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, en https://sede.xunta.gal/portada. Deberán entrar en A miña sede, na solicitude realizada para a convocatoria do programa PIALE 2024, código do procedemento ED305F, e premer en Accións , na opción Alegacións ou Renunciasegundo corresponda. Ao premer en Alegacións, poderán achegar a documentación que consideren. 

Unha vez que a reclamación sexa remitida polo procedemento indicado, solicítase que se adiante, ademais, escaneada ao correo electrónico formaes@edu.xunta.gal para axilizar a súa tramitación de cara á publicación das listas definitivas.

As datas de realización das actividades son orientativas e poden estar suxeitas a modificacións. En canto ás actividades que se desenvolven en dúas quendas ( Reino Unido), a empresa adxudicataria é a encargada da distribución das persoas participantes en ditas quendas. 

En canto se dispoña da información acerca das empresas adxudicatarias farase pública nesta aplicación. 

DATAS ORIENTATIVAS MODALIDADE CURSOS 

DATAS ORIENTATIVAS MODALIDADE INTEGRACIÓN 

O réxime de aloxamento será en residencia en todas as actividades, agás as actividades de integración en Canadá ( aloxamento en familias).

1.  Actividade 1. Integración para profesorado de inglés en infantil e primaria

2. Actividade 2. Integración para profesorado de inglés de secundaria e formación profesional

3. Actividade 3. Integración inglés para profesorado CLIL de ESO e bacharelato

4. Actividade 4. Integración inglés para profesorado CLIL de infantil e primaria

5. Actividade 5. Integración inglés para profesorado CLIL de FP

6. Actividade 6. Integración en lingua portuguesa para profesorado especialista e CLIL de educación secundaria e FP

7. Actividade 7. Integración en lingua francesa para profesorado especialista e CLIL de educación primaria, educación secundaria e FP

8. Actividade 8. Inglés para profesorado especialista de primaria.

9. Actividade 9. Inglés para profesorado especialista de secundaria, formación profesional e EOI

10. Actividade 10. Inglés para profesorado CLIL de infantil e primaria

11. Actividade 11. Inglés para profesorado CLIL de secundaria, formación profesional e ensinanzas de réxime especial, agás EOI

12. Actividade 12. Francés para profesorado especialista e CLIL de educación primaria, educación secundaria, formación profesional e ensinanzas de réxime especial

13. Actividade 13. Portugués para profesorado especialista e CLIL de educación secundaria, formación profesional e ensinanzas de réxime especial

14. Actividade 14. Alemán para profesorado especialista e CLIL de educación secundaria, formación profesional e ensinanzas de réxime especial

 

PREVISIÓN PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS PIALE 2024 (18-04-2024)

As listaxes provisionais das actividades PIALE 2024 publicaranse a partir do martes 30 de abril de 2024. 

 

Benvido/a á aplicación para participar na convocatoria de prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa relativos ao Programa Integral de Aprendizaxe de Linguas Estranxeiras (PIALE) para o ano 2024.

LIGAZÓN Á ORDE QUE REGULA  A CONVOCATORIA: 

ORDE do 30 de xaneiro de 2024 pola que se convocan prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa, relativos ao Programa integral de aprendizaxe de linguas estranxeiras (PIALE) para o ano 2024 (código de procedemento ED305F).

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

Do 28 de febreiro ao 19 de marzo, ambos incluídos.  

SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN: 

As solicitudes (anexo I) presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado accesible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https:// sede.xunta.gal (código de procedemento ED305F). O procedemento de solicitude iniciarase a través da aplicación en liña dispoñible nesta páxina  e cubrirase o formulario electrónico que corresponda en función da actividade solicitada.

DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA 

a) Anexo III, modelo de folla de autobaremación cuberta nas epígrafes que correspondan, en que se relacionen os méritos alegados na mesma orde que aparecen expostos no anexo II.

MODELO ANEXO III EDITABLE

b) Acreditación dos méritos académicos, profesionais ou de calquera índole que aleguen, que non estean recollidos no seu expediente de datos persoais. Estes serán xustificados mediante os documentos que se especifican no baremo que se inclúe no anexo II. Non serán tidos en conta nin valorados os méritos alegados e non xustificados debidamente, nin os que se aleguen fóra do prazo a que se refire o artigo 10 desta convocatoria

c) Certificado, expedido pola secretaría do centro, co visto e prace da persoa directora, en que conste a área, materia ou módulo que imparte a persoa solicitante durante o curso académico 2023/24. No caso de que a persoa solicitante sexa coordinadora de centros plurilingües ou do programa de seccións bilingües ou profesorado CLIL, tamén deberá constar esta circunstancia no certificado

d) Acreditación do nivel lingüístico segundo o MCERL, na/nas lingua/s correspondente/s da/das actividade/s solicitada/s, agás para aquelas persoas que xa teñan recollida esta información no seu expediente de datos persoai

 A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

CONTACTO: 

Correo electrónico: formaes@edu.xunta.gal

Teléfono de contacto: 981546532, 981546544.

A organización das actividades será realizada polas empresas que resulten adxudicadas no procedemento de contratación que aínda está en trámite. Unha vez finalizada a contratación, realizaranse sesións informativas con carácter previo ás actividades.