Cesión de espazos
O Mupega, á solicitude de órganos das administracións públicas, os seus organismos autónomos e as entidades do sector público dependentes ou vinculadas a calquera dos mesmos, sempre que dispoña de espazos libres, poderá acoller determinados actos que non teñan ánimo de lucro, e persigan unha finalidade axeitada aos obxectivos do centro, segundo o previsto no Decreto 268/2000, de creación.
Os espazos dispoñibles dos que dispón o Mupega son os seguintes:
-A biblioteca, cunha capacidade para 30 persoas.
-O salón de actos, con 112 butacas.
Horario de cesión da biblioteca e do salón de actos:
Horario de inverno (do 16 de setembro ao 14 de xuño)
Martes a venres: 10:00 a 14:30 e 16:00 a 18:45.
Sábado: 10:00 a 14:00 e 16:00 a 19:45.
Horario de verán (do 15 de xuño ao 15 de setembro)
Luns a venres: 8:30 a 14:15.
Novas normas de utilización dos espazos do MUPEGA
Acceso ao FORMULARIO DE SOLICITUDE DE USO DE ESPAZOS DO MUPEGA.