O Mupega quere sumarse a homenaxe a Antón Costa Rico polo recibimento do III Premio Luis Porteiro Garea en recoñecemento ao seu esforzo a prol da normalización do uso do galego na Universidade.
Antón Costa Rico desempeñou a súa vida profesional vencellada a docencia e a defensa da nosa lingua. Pola suá participación activa como investigador e divulgador da historia da nosa educación é toda unha figura de referencia para o Museo Pedagóxico de Galicia. Antón Costa ademais colabora activamente connosco con doazóns para a o noso fondo patrimonial e exercendo unha labor de difusión do museo dentro e fóra da nosa comunidade.
Polo tanto, o Mupega quere unirse as congratulacións por este ben merecido recoñecemento.