Inicio

 Este servizo web permite xerar solicitudes de habilitación para o exercicio da docencia en centros privados nas ensinazas de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional.

 

AVISO:

IMPORTANTE: A convocatoria do mes de setembro de 2022 resolverase conxuntamente coa convocatoria de xaneiro de 2023 de modo que as persoas que tivesen solicitado a habilitación de materias na convocatoria de setembro NON deben formular unha nova solicitude na convocatoria de xaneiro excepto que a solicitude se formule para materias distintas das solicitadas en setembro.

 

  • Solicitude de novas materias (LOMLOE):

Para poder solicitar as materias do novo plan educativo e, unha vez creada a solicitude, deberá elixir o plan educativo LOMLOE. Para o caso de que desexe solicitar algunha materia do plan anterior que continúa vixente, deberá elixir o plan educativo LOMCE.

  • Habilitación de oficio das materias do novo sistema educativo:
O  3 de xuño de 2022 publicouse no DOG a Orde do 27 de maio de 2022 pola que se modifica a Orde do do 22 de xullo de 2020 pola que se desenvolve a normativa para o exercicio da docencia nos centros privados nas ensinanzas de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional, e se establece o procedemento de habilitación (código de procedemento ED302B) coa finalidade de habilitar de oficio nas novas materias LOMLOE.
 
As persoas que non posúan unha resolución de habilitación que lles permita a habilitación de oficio nas novas materias ou naquelas que manteñen a mesma denominación, poderán solicitar a habilitación nestas materias nos prazos de presentación de solicitudes establecidos no artigo 13 da Orde do 22 de xullo de 2020.
 
Pola súa vez, habilitouse de oficio a todas as persoas que posuían unha resolución de habilitación de materias que manteñen no novo sistema a mesma denominación do anterior sistema educativo e ademais nas novas materias cando exista a correspondencia que se relaciona no anexo da Orde do 27 de maio de 2022 (acceda a ligazón Correspondencias). Estas persoas NON terán que formular ningunha solicitude xa que figurarán  como habilitadas nas materias correspondentes na aplicación web de habilitacións de profesorado de centros docentes privados (poderá comprobarse na epígrafe 3.3 As miñas habilitacións do menú da aplicación web www.edu.xunta.gal/habilitacions despois de identifcarse co usuario de educación, Chave365 ou certificado dixital).
 

RESOLUCIÓNS PUBLICADAS:

(29/07/2022) Publicada na web a resolución da convocatoria de xuño de 2022 (As resolucións de habilitación enviaranse aos correos electrónicos das persoas solicitantes logo da publicación da resolución da convocatoria na páxina web)

FUNCIONALIDADES:

  • Pode consultar todas as súas habilitacións na opción de menú SOLICITANTE-AS MIÑAS HABILITACIÓNS na aplicación informática de habilitacións.
  • A partir da convocatoria de marzo de 2021 os títulos de doutoramento e de máster oficial así como as certificacións do nivel de competencia lingüística dun idioma expedidadas polas Escolas Oficiais de Idiomas deben engadirse no apartado: "Datos académicos"-"Titulacións"-"Engadir Titulación", escollendo no desplegable da caixa "Clase de titulación" a categoría "Universitaria" para os títulos de doutoramento e de máster oficial e a categoría "Ciclo de EOI" para as certificacións das Escolas Oficiais de Idiomas. A continuación nas seguintes caixas desplegables poderá concretar o seu título de doutoramento/master oficial ou a súa certificación da Escola Oficial de Idiomas.
  • A partir da convocatoria de xuño de 2021 os certificados de acreditación lingüística do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (agás os da Escola Oficial de Idiomas que deberán introducirse no apartado de Titulacións) deberán engadirse no apartado de "Datos académicos"-"Outras Linguas"-"Engadir lingua".

INFORMACIÓN XERAL DO PROCEDEMENTO DE HABILITACIÓN:

Acceda á normativa de habilitacións na ligazón: https://www.edu.xunta.gal/portal/habilitacions (última actualización 20/05/2022)

  • PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: a aplicación informática para a solicitude de habilitación estará dispoñible do día 1 de marzo ao 31 de marzo de 2023, ambos incluídos.

  • De acordo co artigo 12.1 da Orde do 22 de xullo de 2020 pola que se desenvolve a normativa para o exercicio da docencia nos centros privados nas ensinanzas de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional, e se establece o procedemento de habilitación (código de procedemento ED302B) publicada no Diario Oficial de Galicia nº 161, do 12 de agosto, as solicitudes (anexo I) presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado accesible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Tamén poderán cubrirse na páxina web da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos https://www.edu.xunta.gal/habilitacions e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.

 

COMO ACCEDER AO SISTEMA?

1- Premer no botón de cor verde que hai na esquina superior dereita e identificarse mediante algún dos sistemas de identificación dispoñibles.

2- A continuación no menú que se amosa na parte esquerda escoller dentro da lapela Solicitante, a lapela Solicitudes actuais.

3- Unha vez escollida poderá visualizar unha nova pantalla onde aparecerá un botón de cor amarelo que indica Nova solicitude. Prema neste botón e, a seguir, encha todos os campos que se vaian indicando na solicitude.

4- Unha vez finalizada a solicitude, deberá validala e enviala á Sede electrónica mediante a ligazón que se lle ofrecerá. Lembre que para poder presentar a solicitude na Sede será preciso que dispoña dalgún dos mecanismos de identificación admisibles (certificado electrónico, chave 365).

5.No caso de presentar máis dunha solicitude do mesmo tipo soamente se admitirá a última presentada na sede electrónica da Xunta de Galicia. Deberán incluírse na mesma solicitude todas as áreas, materias ou módulos profesionais para os cales se desexe obter a habilitación.

 

QUE DOCUMENTACIÓN SE DEBE PRESENTAR?

As persoas interesadas deberán presentar a documentación que se establece no artigo 12.2.1 da Orde do 22 de xullo de 2020 pola que se desenvolve a normativa para o exercicio da docencia nos centros privados nas ensinanzas de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional, e se establece o procedemento de habilitación (código de procedemento ED302B).

Non será necesario achegar de novo a documentación no caso daquelas persoas que a presenten en calquera convocatoria a partir da convocatoria de habilitacións de xaneiro de 2021.

Non será necesario que a persoa solicitante achegue ante a mesma xefatura territorial a documentación que xa presentou con anterioridade á entrada en vigor desta orde.

Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos.

  • COMO OBTER UN CERTIFICADO DE HABILITACIÓNS?

Non é preciso o pagamento de taxa para solicitar a habilitación para impartir docencia en centros privados. Non obstante, se despois de ter sido habilitado/a en distintas materias desexa obter un certificado onde se relacionen de xeito conxunto todas as materias habilitadas en distintas convocatorias deberá solicitalo á Subdirección Xeral de Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, logo do pagamento da taxa correspondente pola expedición do certificado, mediante o envío dun correo electrónico a sxp@edu.xunta.gal

O importe da taxa por expedición de certificados para o ano 2023 é de 3,21.

Os códigos para o pagamento son os seguintes:

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades 07

Delegación de servizos centrais 13

Servizo de Secretaría 01

300401 Expedición de certificados e diplomas

Pode realizar o pagamento en calquera entidade colaboradora ou a través da oficina virtual tributaria na seguinte url Pinche OVT

CALES SON OS PRAZOS PARA SOLICITAR A HABILITACIÓN?

Os prazos ordinarios de habilitación son os seguintes:

a) Do 10 de xaneiro ao 31 de xaneiro, ambos incluídos

b) Do 15 de marzo ao 31 de marzo, ambos incluídos.

c) Do 1 de xuño ao 30 de xuño, ambos incluídos.

d) Do 1 de setembro ao 15 de setembro, ambos incluídos

 

Teléfonos de contacto:

Xefatura territorial da Coruña: 981 18 47 10, 981 18 57 28

Xefatura territorial de Lugo: 982 88 94 96; 982 29 41 70

Xefatura territorial de Ourense: 988 38 66 54

Xefatura territorial de Pontevedra: 986 80 59 70