Descrición da actividade


Título

Análise, xestión e planificación dos riscos e medidas de emerxencias. Plan de Emerxencia-Evacuación

Competencias profesionais

Membro dunha organización - Centros saudábeis e seguridade integral.

Membro dunha organización - Normativa.

Forma de participación

En rede

Modalidade

Curso

CFR, lugar, temporalización e prazas

Referencia: G1801035
Centro de formación e recursos: CAFI
Temporalización:  11/02/2019  -  25/03/2019
Data límite de inscrición: 08/02/2019
Lugar: En rede
Prazas:  50

Horas totais

Horas presenciais: 0
Horas non presenciais: 30
 

Destinatarios

Todas as ensinanzas

Corpos e especialidades

Todos os corpos

Temas e subtemas

Plan anual - 2015-2016
Plan anual - 2016-2017
Plan anual - 2018-2019
Plan anual - 2019-2020

Criterios de selección

Para acadar unha maior cobertura formativa establecerase como obxectivo específico de selección o límite de unha persoa seleccionada por centro. Non repetirán centros de pasadas edicións. Criterios xerais do Plan Anual de Formación.

Obxectivos

1.Proporcionar unha formación específica, teórica e práctica en materia de prevención de riscos laborais.

2.Facilitar unha cultura preventiva e coñecementos para actuar como axente activo na elaboración, implantación e seguimento do plan de emerxencia-evacuación.

3.Coñecer os riscos específicos e a súa prevención no centro educativo e adquirir os coñecementos precisos para a elaboración do plan.

Contidos

1.Módulo 1: Análise, xestión e planificación dos riscos laborais e medidas de emerxencia nos centros educativos.

   1.1.UD 1: Nocións básicas (a Lei de Prevención de Riscos Laborais).

   1.2.UD 2: Análise dos riscos, redacción e implantación das medidas de emerxencia.

   1.3.UD 3:  O risco de incendio: lume, tipos, prevención e protección e primeiros auxilios.

2.Módulo 2: O Plan de Emerxencia-Evacuación.

   2.1.UD 4: Identificación dos titulares e do emprazamento da actividade. Descrición da actividade e do medio físico no que se desenvolve.

   2.2.UD 5: Inventario, análise e avaliación de riscos. Inventario e descrición das medidas e medios de protección. Programa de mantemento das instalacións.

   2.3.UD 6: Plan de actuación ante emerxencias. Integración do plan noutros de ámbito superior. Implantación. Mantemento do plan.



Prerrequisitos


Asesor responsable da actividade

Asesor:  Rodiño Caramés, Ignacio

Enderezo Electrónico:  nachorodino@edu.xunta.gal