Aviso Legal

Como usuario de servizos é responsable de protexe-lo seu nome de usuario e clave de acceso fronte a usos e revelacións non autorizados. Calquera uso deste Sitio Web empregando o seu nome e clave de acceso será responsabilidade súa. Informe inmediatamente no caso de que advirta calquera uso ou revelación non autorizada da súa clave de acceso.

Estanse a face-los maiores esforzos posibles para asegurar que a información que aparece neste Sitio Web sexa correcta e se amose actualizada. Aínda así, non son descartables erros tipográficos, desactualizacións, ou omisións, polo que o usuario non deberá considerar exacta a información sen comprobar antes dita exactitude. Ningún dos contidos deste sitio Web debe ser considerado como afirmación ou feito irrefutable; en ningún caso substitúe á publicidade legal das leis, das disposicións e dos actos publicados formalmente no DOG e noutros boletíns oficiais. A Consellería de Educación e O.U. non garante a inexistencia de erros nos contidos deste sitio e non é responsable de ningún tipo de prexuizos, xa sexan directos ou indirectos que se puidesen derivar do emprego da información exposta.

A Consellería de Educación e O.U. non asume ningunha responsabilidade derivada dos contidos das páxinas externas ás que se poida referir ou enlazar este sitio web.

A Xunta de Galicia é a titular dos dereitos de propiedade intelectual deste sitio web e dos seus contidos. A reproducción destes contidos está permitida sempre que se cite a súa orixe ou se solicite a debida autorización. Prohíbese a utilización dos contidos desta web con carácter comercial ou inadecuado.

Algúns documentos de certos servizos ofertados, e os que no seu caso leven anexos, poderían conter información confidencial. Así pois, infórmase a quen os reciba ou visualice por erro, que o seu contido é reservado e o seu uso non autorizado está prohibido legalmente polo que, en tal caso, rogámoslle o seguinte:

  • Comuníquenolo de forma inmediata polo medio que estea máis ó seu alcance.
  • Abstéñase de facer copias e/ou de comunicalo a outra/s persoa/s.
  • Proceda de inmediato a borralo ou a pecha-la páxina do seu navegador segundo sexa o caso.