Xuventude en Movemento

Seguindo as pautas marcadas pola Comisión Europea, a Xunta de Galicia organiza na Eurocidade Tui – Valença os actos da campaña informativa da Iniciativa “Xuventude en Movemento – Youth on the Move” os vindeiros días 26 e 27 de outubro.

Xuventude en Movemento” é unha iniciativa da Unión Europea para dar resposta aos retos a que se enfrontan na actualidade os mozos e mozas e así axudalos a que teñan éxito na economía do coñecemento. Trátase dun programa marco da Estratexia Europa 2020 que pretende fomentar a mobilidade, a educación, o emprego e o espírito empresarial entre a xuventude. Para dar a coñecer esta iniciativa a Comisión Europea está a desenvolver en diversas cidades europeas unha campaña de información e sensibilización, en colaboración coas autoridades rexionais e locais.

Etiquetas: