Xornada de Difusión de Programas Erasmus+ FP (KA102 e KA202)

O vindeiro 27 de setembro de 2017 terá lugar unha xornada de difusión de Programas Europeos Erasmus+ (KA102 e KA202) no CIFP Politécnico de Santiago, en Santiago de Compostela.

Esta xornada, durante a que se darán a coñecer as novidades da convocatoria 2018, forma parte dun plan de difusión de accións Erasmus+ organizado pola Unidade de Formación Profesional do SEPIE (Servizo Español para Internalización da Educación).

O prazo de inscrición remata ás 12:00 horas (hora peninsular) do 26 de setembro.