Streaming do Science Truck desde o Centro de Investigación Aerotransportada de Rozas (CIAR)

O luns 9 de marzo celébrase unha xornada de portas abertas no Centro de Investigación Aerotransportada de Rozas (CIAR), núcleo do Polo Aeroespacial de Galicia, co obxectivo de dar a coñecer entre a comunidade educativa o programa de actividades de fomento das vocacións científico-tecnolóxicas "Voando alto, sumando vocacións" que se está a desenvolver ao abeiro da Civil UAVs Initiative, iniciativa da Xunta de Galicia para fortalecer o desenvolvemento da industria dos vehículos non tripulados na comunidade autónoma.

No marco desta xornada, emitirase en directo vía streaming desde Rozas o programa educativo de divulgación científica Science Truck, unha iniciativa da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), que ten como obxectivo espertar a curiosidade e o interese ola ciencia de xeito ameno. Cada programa de Science Truck é temático e o do próximo luns estará centrado nos vehículos aéreos non tripulados.

Emisión do streaming: luns 9 de marzo de 11:00 a 12:00, desde https://www.youtube.com/watch?v=cIlm3NZ5Kqc&feature=youtu.be