Proxectos de formación. Resolución de avaliación. Curso 2025-2026

Publicada a resolución de avaliación dos proxectos de formación para profesorado de formación profesional e de ensinanzas de réxime especial  presentados á convocatoria do 13 de outubro do 2025, da Dirección Xeral de Formación Profesional pola que se convocan proxectos de formación do profesorado de formación profesional e de ensinanzas de réxime especial que se van a implantar no curso 2025-2026 en centros públicos dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional.

Contra a presente resolución poderase interpor recurso de alzada ante a persoa titular da Dirección Xeral de Formación Profesional no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. A resolución do devandito recurso esgotará a vía administrativa.