Programa Eduemprende Avanza 2013. Prazo de inscrición

Amplíase ao venres 27 de setembro, o prazo para o envío de solicitudes de inscrición no Programa eduemprende Avanza 2013.

A convocatoria deste programa ten como finalidade o fomento do espírito emprendedor e as iniciativas empresariais no sistema educativo de Galicia. Para acadar este obxectivo a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organiza un seminario dirixido ao alumnado con calidades emprendedoras onde se recibe unha formación práctica en distintos talleres de como concretar e deseñar un plan de empresa e se facilita a oportunidade de acceder á rede de viveiros de empresa dos centros educativos de Galicia.

O programa está dirixido a:

- Alumnado de ciclos formativos de formación profesional, ensinanzas artísticas, ensinanzas deportivas ou bacharelato matriculado nun centro educativo sostido con fondos públicos.

- Persoas que finalizaron os seus estudios de calquera destas ensinanzas nos derradeiros 4 anos.

- Máis información

- Solicitude de participación

Etiquetas: