Nova ferramenta en prol da accesibilidade no portal educativo da Formación Profesional

O portal de formación profesional www.edu.xunta.es/fp, contén información que permite coñecer as posibidades de formación e emprego ao longo da vida dos estudantes, traballadores e sociedade en xeral.

Para promover a accesibilidade, na medida en que todas as persoas poidan acceder aos servizos que ofrece o portal, vimos de dar un pequeno paso en prol de achegar certas facilidades mediante implementación dunha ferramenta de novo uso no portal, a conversión a voz do texto das páxinas web.

Como usuario non necesita realizar ningunha descarga, tan só ten que facer clic no botón Botón Escoitar, e a lectura comezará de forma automática.

Como funciona?

Para escoitar ao contido da páxina 

Prema no botón "Escoitar" para escoitar o contido do sitio web:

Botón Escoitar

O reprodutor de son aparecerá (ver a imaxe a continuación) e comeza a lectura do texto.

Reproductor

Os controis do reprodutor permiten:

  • Pausar ou retomar a lectura
  • Parar a lectura
  • Ir a unha parte calquera do audio controlando a barra de progreso
  • Axustar o volume
  • No menú Preferencias, personalizar o funcionamento do servizo
  • No menú Sen son?, descargar o arquivo de son
  • Pechar o reprodutor

Pode empregar a tecla Tab ou Shift + Tab para moverse dun control para outro, premer a tecla Intro para activar un determinado botón ou ligazón ou ben pulsar a función Esc do seu teclado para pechar o reproductor.

Para escoitar unha selección de texto 

Se selecciona un texto, aparecerá automaticamente un botón de comezo á beira do punteiro do rato, permitindo o acceso rápido para a función de lectura para o texto seleccionado (ver a imaxe a continuación).

Controis para texto seleccionado

Preferencias

A partir do menú de preferencias pode:

  • Escoller as opcións para resaltar durante a lectura seleccionando se desexa que o efecto de destacado se aplique na palabra e a frase, só na frase, só na palabra ou que se produza a escoita sen resaltar
  • Escolla se quere amosar o "escoitar" para texto seleccionado
  • Seleccione a velocidade de lectura que quere: baixa, media ou alta

Menú preferencias

Etiquetas: