Medalla de bronce para a FP galega nos campionatos europeos EuroSkills2016

A FP galega vén de amosar de novo a súa excelencia a nivel internacional, desta vez nas olimpíadas europeas de Formación Profesional ‘EuroSkills2016’ celebradas en Gotemburgo (Suecia), nas que Gabriel Vilar, alumno do CIFP Compostela, acadou a medalla de bronce na competición de Servizos de Restaurante e Bar. Cómpre salientar que neste certame só se acadaron dous premios para España, o do alumno galego e o de outros dous estudantes, nese caso na categoría de Mecatrónica. Ademais de Vilar, participaron nesta competición dous alumnos do CIFP A Granxa, na modalidade de Xardinaría Paisaxística: Jhonatan Emmanuel Sanjinés Seminario e Jonatan Castelo Pires.

Gabriel Vilar conta xa con varios premios en FP, entre eles foi  distinguido cun diploma de excelencia na mesma modalidade Servizo de restaurante e bar na XLIII edición dos campionatos Internacionais de Formación Profesional ‘WorldSkills International’ celebrada en Sao Paulo (Brasil) entre os días 11 e 16 de agosto de 2015. Ademais, o alumno gañou a medalla de ouro no campionato galego GaliciaSkills2014 e no campionato nacional SpainSkills2015.

- Medallas EuroSkills2016

Etiquetas: