FPBásicaSkills Galicia 2022. Resultados das competicións

Onte remataron as competicións de FPBásicaSkills Galicia 2022, o 1º Campionato Galego de Formación Profesional Básica, FPBásicaSkills Galicia 2022, destinado a alumnado de FP Básica e de Programas Formativos.

Participaron 111 alumnos e alumnas de 39 centros educativos, durante 7 días en 6 sedes diferentes.

Unha vez máis, quedou patente o gran nivel do alumnado e profesorado da formación profesional galega, tanto polo excelente traballo de competidores/as, expertos/as e titores/as, como pola organización das competicións por parte dos centros educativos que actuaron como sedes.

Na seguinte ligazón pode consultar a relación de alumnado gañador de medalla de ouro, de prata e de bronce:

Etiquetas: