Formación acelerada, 2ª edición. Convocatoria xaneiro-xuño.
Abrese un período de inscrición extraordinaro para a 2ª edición da Formacións aceleradas que se oferta de xaneiro a xuño dentro do curso 2025-2026.
Prazo de presentación: do 1 de decembro ás 9:00 horas ata 18 de decembro de 2025 ás 13:00 horas.
Consulte as instrucións xerais e os calendarios.
O asistente informático da aplicación Ciclosadmisión será empregado para realizar as solicitudes e o seguimento dos procesos de admisión. Os centros con oferta de FP sostida con fondos públicos teñen á disposición do alumando ordenadores, impresoras e asesoramento.
Accións que se realizarán en Ciclosadmisión:
| Formación acelerada 2ª edición | |
|---|---|
| Presentación de solicitudes | 1 de decembro ás 9:00 ao 18 de decembro ás 13:00 horas da Guía rápida solicitudes |
|
Resolución provisional de solicitudes e reclamación contra a resolución provisional |
Publicación: 9 de xaneiro de 2026 Presentación de reclamacións: 9 de xaneiro de 2026 ás 9:00 ao 13 de xaneiro de 2026 ás 13:00 horas |
| Resolución definitiva de solicitudes e período de matrícula para as personas admitidas e para prazas liberadas |
Publicación: 16 de xaneiro de 2026 Período de matrícula no centro educativo: o prazo permanecerá aberto ata o 30 de xaneiro de 2026 ás 13:00 horas. |
| Adxudicación continuada (Chamamento polos centros) | 26 de xaneiro ás 9:00 ao 30 de xaneiro de 2026 ás 13:00 horas |
1º Paso. Solicitude
Prazo de presentación: do 1 de decembro ás 9:00 horas ata 18 de decembro de 2025 ás 13:00 horas.
Realizar a solicitude no asistente informático só cando se teñan os requisitos de titulación ou proba de acceso. Cando a aplicación o indique será necesario xuntar documentación ou entregar, dentro do prazo, unha copia da solicitude nun centro con oferta de FP sostida con fondos públicos.
- Instrucións solicitude (Ver vídeo).
- Información para persoas con titulacións obtidas fóra do estado español.
2º paso: Consultar a resolución provisional de solicitudes.
3º paso: Reclamar, cando se atope algún erro na resolución provisional.
No caso de detectarse erros nos datos da resolución provisional, a aplicación Ciclosadmisión permitirá ás persoas con solicitude facer unha reclamación. Este servizo só estará dispoñible durante os períodos de reclamacións establecidos.
4º paso: Consultar a resolución definitiva de solicitudes.
5º paso: Consultar a adxudicación de prazas.






