Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

Montar e manter infraestruturas de telecomunicación en edificios, instalacións eléctricas de baixa tensión, máquinas eléctricas e sistemas automatizados, conforme a normativa, a regulamentación e os protocolos de calidade, seguridade e riscos laborais, asegurando a súa funcionalidade e o respecto polo medio.

En que ámbitos se traballa?

En pequenas e medianas empresas, nomeadamente privadas, dedicadas á montaxe e ao mantemento de infraestruturas de telecomunicación en edificios, máquinas eléctricas, sistemas automatizados, instalacións eléctricas de baixa tensión e sistemas domóticos, tanto por conta propia como por conta allea.

Que ocupacións se desempeñan?
Instalador/ora mantedor/ora electricista
Electricista de construción
Electricista industrial
Electricista de mantemento
Instalador/ora mantedor/ora de sistemas domóticos
Instalador/ora mantedor/ora de antenas
Instalador/ora de telecomunicacións en edificios de vivendas
Instalador/ora mantedor/ora de equipamentos e instalacións de telefonía
Montador de instalacións de enerxía solar fotovoltaica
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais
MP0232 Automatismos industriais LOOIFP
MP0234 Electrotecnia
MP0233 Electrónica
MP0156 Inglés profesional
MP0235 Instalacións eléctricas interiores
MP1709 Itinerario persoal para a empregabilidade I
MP1708 Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo
MP0242 Empresa e iniciativa emprendedora LOE
MP0243 Formación en centros de traballo
MP0237 Infraestruturas comúns de telecomunicacións en vivendas e edificios
MP0236 Instalacións de distribución
MP0238 Instalacións domóticas
MP0239 Instalacións solares fotovoltaicas
MP0240 Máquinas eléctricas
Que título se obtén?

Título de Técnico en Instalacións eléctricas e automáticas

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
O Oferta ordinaria presencial
Ourense