Estadías formativas en empresas ou organismos equiparados 2026. Resolución provisional.
Publicada a resolución provisional da comisión de selección e avaliación de estadías formativas en empresas ou organismos equiparados para o ano 2026 destinadas ao profesorado dos corpos e das especialidades vinculadas ás ensinanzas de formación profesional inicial e ás ensinanzas de réxime especial deportivas, de artes plásticas e deseño, de conservación e restauración de bens culturais e de música e artes escénicas.
O prazo para efectuar a reclamación, emendar erros ou presentar renuncia á concesión da estadía é de 3 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.
Data límite para reclamacións: 31/03/2026 (incluído).
Etiquetas:
Tema:






