Espazos de tecnoloxía aplicada FP. Relación provisional de proxectos admitidos e excluídos. Convocatoria 2021

Publicada a listaxe provisional de proxectos admitidos e excluídos na convocatoria da Resolución do 5 de abril de 2021 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se convoca o programa Espazos de tecnoloxía aplicada para a conversión de aulas tradicionais en espazos de tecnoloxía aplicada na formación profesional en centros integrados de formación profesional dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade durante o ano 2021.

Na seguinte ligazón atopará a relación de proxectos admitidos e excluídos, agrupados por centro educativo, así como a documentación requirida se é o caso.

O prazo de emenda das solicitudes será do 22 de abril ao 5 de maio de 2021, ambos os dous incluídos.