Convocatoria Premios Fundación Princesa de Girona 2021

A FPdGi vén de convocar os premios da Fundación Princesa de Girona. Estes galardóns teñen como obxectivo detectar e promover a iniciativa e o esforzo de xoves talentos cunha carreira excepcional coa intención de facer visible a súa traxectoria e de convertelos en referentes para o resto da mocidade nas categorías de Artes e Letras, Investigación Científica, empresa e ámbito social.

A creatividade, o talento, a innovación, a solidariedade e o emprendemento son os valores que a FPdGi recoñece e premia.

O prazo de inscrición remata o 30 de outubro.

Etiquetas: