IN31 - As novas tecnoloxías como ferramenta didáctica para a accesibilidade universal

Familias profesionais:
Artes gráficas
Imaxe e son
Servizos socioculturais e á comunidade
Centro educativo coordinador: CIFP Leixa, Ferrol
Centros colaboradores:
CIFP Ánxel Casal - Monte Alto
CIFP Imaxe e Son
CIFP Paseo das Pontes
Centros colaboradores:
Aula Hospitalaria Arquitecto Marcide, Ferrol
CEEPR Nosa Señora De Lourdes, A Coruña
Entidades colaboradoras:
ONCE
Fundación INGADA
Aspronaga
Obxectivos:
  • Eliminar barreiras na comunicación a través das novas tecnoloxías.
  • Promover a accesibilidade universal do alumnado.
Síntese do proxecto:

Deseño e creación dun conto para traballar as emocións en alumnado de aulas hospitalarias, en atención domiciliaria e/ou no programa Alerta Escolar, cumprindo os requisitos de deseño universal mediante a combinación dos sistemas alternativos de comunicación (ARASAAC, Braille...), a lingua de signos e a realidade aumentada.

Participantes:

Profesorado e alumnado das familias profesionais de Artes Gráficas, de Servizos Socioculturais e á Comunidade, e de Imaxe e Son.