IN29 - Madeira de vestir
Familias profesionais:
Madeira, moble e cortiza
Centro educativo coordinador: IES de Ortigueira, Ortigueira
Centros colaboradores:
CIFP Ferrolterra
Entidades colaboradoras:
Madeiras Besteiro
Moonoff
Todo Ocio Educación
Xamar Distribuciones
Obxectivos:
- Fabricar diferentes complementos de vestir e accesorios de madeira.
- Introducir elementos tecnolóxicos en complementos e accesorios de madeira.
Síntese do proxecto:
Combinación das novas tecnoloxías de corte no mundo da madeira, a carpintaría e a ebanistería, coa instalación de módulos electrónicos en diferentes elementos de vestir fabricados en madeira, dotados de intelixencia propia.
Participantes:
Profesorado e alumnado da familia profesional de Madeira, Moble e Cortiza. Profesorado e alumnado de Tecnoloxía.
Proxecto premiado na Convocatoria de premios a proxectos de innovación na FP 2021 na Modalidade A.
