IN20 - Mantemento preditivo 4.0 para a industria conserveira

Familias profesionais:
Electricidade e electrónica
Fabricación mecánica
Instalación e mantemento
Centro educativo coordinador: IES Fernando Blanco, Cee
Entidades colaboradoras:
Industrias Cerdeimar
TECDESOFT
GSI Dotación Industrial
Obxectivos:
  • Instalar sensores e parametrizar unha máquina de pechamento de conservas.
  • Diagnosticar erros no sistema antes de que se produza un fallo.
  • Formar o alumnado en máquinas de pechamento.
Síntese do proxecto:

Montaxe e parametrización de sensores de vibración nunha máquina de pechamento da industria conserveira, que permiten anticipar calquera problema de funcionamento, evitando paros na cadea de produción.

Participantes:

Profesorado e alumnado das familias profesionais de Instalación e Mantemento, de Electricidade e Electrónica, e de Fabricación Mecánica.

Coordinadora: Bibiana Bértoa Cambón Carballido