IN19 - Prototipo de máquina de selección de froitos silvestres mediante visión artificial
Familias profesionais:
Electricidade e electrónica
Instalación e mantemento
Centro educativo coordinador: CIFP Fontecarmoa, Vilagarcía de Arousa
Entidades colaboradoras:
Ananos Organic Berries
Digamel Arousa
Visión Plus Automática
Otécnica Salnés
Obxectivos:
- Crear un prototipo de innovación tecnolóxica para a selección de froitas.
- Aplicar a un caso real os coñecementos adquiridos polo profesorado.
- Introducir novas tecnoloxías na aula para mellorar as competencias do alumnado.
Síntese do proxecto:
Deseño e fabricación dun prototipo de máquina de control de calidade e selección de froita que emprega un sistema de visión artificial.
Participantes:
Profesorado e alumnado das familias profesionais de Instalación e Mantemento, e de Electricidade e Electrónica.
Contacto:
Proxecto premiado na Convocatoria de premios a proxectos de innovación na FP 2020 na Modalidade A.
