IN09 - Sistema intelixente de distribución de auga por telecontrol

Familias profesionais:
Enerxía e auga
Centro educativo coordinador: CIFP Ferrolterra, Ferrol
Centros colaboradores:
CIFP Politécnico de Santiago
Entidades colaboradoras:
EMAFESA
Obxectivos:
  • Realizar prácticas de operación, montaxe e mantemento de redes de distribución e abastecemento de auga.
  • Realizar manobras de posta en servizo, operación e control da rede con software específico e automatizado.
Síntese do proxecto:

Deseño e construción dun simulador dunha rede de distribución de auga con regulación por telexestión (telecontrol e telemando).

Participantes:

Profesorado e alumnado das familias profesionais de Enerxía e Auga, e de Electricidade e Electrónica.