IN08 - Adestrador didáctico de Smart Home
Familias profesionais:
Electricidade e electrónica
Transporte e mantemento de vehículos
Centro educativo coordinador: IES Pedra da Auga, Ponteareas
Entidades colaboradoras:
• VIVOGAR
Obxectivos:
- Realizar a instalación eléctrica, domótica e de telecomunicacións segundo a normativa vixente.
- Programar os equipamentos co software e as aplicacións específicas de cada fabricante.
Síntese do proxecto:
Deseño e montaxe dunha maqueta didáctica modular dun fogar dixital domotizado e controlado mediante asistentes de voz.
Participantes:
Profesorado e alumnado das familias profesionais de Electricidade e Electrónica, e de Transporte e Mantemento de Vehículos.
Coordinadora: Purificación Rodríguez Alonso
Contacto:
Proxecto premiado na Convocatoria de premios a proxectos de innovación na FP 2021 na Modalidade B.
