IN12 - Cámara frigorífica de conxelación ecolóxica
- Establecer unha solución factible a longo prazo para cámaras de conxelación.
- Mellorar os parámetros ambientais dos equipos frigoríficos para cámaras de conxelación.
- Analizar e resolver, a efectos de seguridade, as trabas no uso de hidrocarburos en equipos frigoríficos.
Desenvolvemento de dous prototipos, equipos de refrixeración, para unha cámara frigorífica comercial de conxelación (-18ºC) con propano (R-290): sistema directo e sistema indirecto. Montaxe dun equipo con refrixerante tradicional nesta aplicación (R-507A). Comparativas, grazas a un sistema de adquisición de datos, con captura de valores para chegar ás conclusións finais.
Profesorado dos departamentos de Enerxía e auga e de Instalación e mantemento.
Alumnado de segundo curso do ciclo formativo de grao medio de Instalacións frigorificas e de climatización e alumnado de segundo curso do ciclo formativo de grao superior de Mantemento de instalacións térmicas e de fluídos.
Coordinador: Alfonso González Docasar.

Acceda ao plano coa localización dos proxectos de innovación no andar -1 do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia.