IN07 - Wind-H20
Familias profesionais:
Enerxía e auga
Instalación e mantemento
Centro educativo coordinador: CIFP As Mercedes, Lugo
Entidades colaboradoras:
Solevento
Obxectivos:
- Obtención de auga en zonas illadas ou con baixa dispoñibilidade mediante o uso de enerxías renovables.
- Descentralización dos consumos de auga.
- Evitar a sobreexplotación de recursos hídricos.
Síntese do proxecto:
Deséñase un hidroxerador co fin de obter auga en zonas illadas ou onde a dispoñibilidade sexa un problema. Baséase no desenvolvemento de enerxías renovables nunha instalación frigorífica coa que se condensa a humidade presente no aire a través de intercambiadores.
Participantes:
Profesorado do departamento de Enerxía e Auga.
Alumnado dos ciclos formativos de grao superior de Eficiencia enerxética e enerxía solar térmica e de Enerxías renovables.
Coordinadora: Leticia Conde Castro.
Contacto:
Máis información:
Proxecto premiado na Convocatoria de premios a proxectos de innovación na FP 2018 na Modalidade A.

Acceda ao plano coa localización dos proxectos de innovación no andar -1 do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia.