SENA04

 

SENA04 - Xestión da auga

Ciclo formativo
Familia: Enerxía e auga
Sistema educativo: LOE
Grao: superior
Horas: 2000
Código: SENA04
Documentación: RD

Que se aprende a facer?
Xxestionar o uso eficiente da auga, organizando e desenvolvendo a montaxe, a posta en servizo, explotación e mantemento de redes e estacións de tratamento de augas, aplicando os requirimentos de calidade, tanto das instalacións como da auga e as medidas de prevención de riscos laborais e de protección ambiental requiridas pola normativa vixente.

 

En que ámbitos se traballa?
Administración e en empresas dedicadas a realizar a montaxe, a operación e o mantemento de redes e instalacións de auga, así como en empresas de tratamento de augas, e a reutilización de augas residuais.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Encargado/a de montaxe de redes de abastecemento e distribución de auga, encargado/a de montaxe de redes e instalacións de saneamento, encargado/a de mantemento de redes de auga, encargado/a de mantemento de redes de saneamento, operador/a de planta de tratamento de auga de abastecemento, operador/a de planta de tratamento de augas residuais, técnico en xestión do uso eficiente da auga, técnico en sistemas de distribución de auga.

 

Cales son os módulos?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP1573 Calidade e tratamento de augas 133
MP1575 Configuración de redes de auga 160
MP1583 Formación e orientación laboral 107
MPI007 Lingua estranxeira profesional I 53
MP1572 Planificación e implantación 187
MP1576 Sistemas eléctricos en instalacións de auga 133
MP1580 Técnicas de montaxe en instalacións de auga 187
MP1577 Automatismos e telecontrol en instalacións de auga 122
MP1582 Empresa e iniciativa emprendedora 53
MP1584 Formación en centros de traballo 384
MPI008 Lingua estranxeira profesional II 53
MP1578 Operacións en redes e instalacións de auga 174
MP1581 Proxecto en xestión eficiente da auga 26
MP0309 Técnicas de comunicación e de relacións 53
MP1579 Xestión de operacións, calidade e ambiente 70
MP1574 Xestión eficiente da auga 105

Modalidade de formación profesional dual

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos na modalidade de formación profesional dual. Curso 2021-2022.

A Coruña



Concello Código Centro educativo Teléfono
Culleredo 15005749 CIFP Universidade Laboral 881960820




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).