SAFD02

 

SAFD02 - Acondicionamento físico

Ciclo formativo
Familia: Actividades físicas e deportivas
Sistema educativo: LOE
Grao: superior
Horas: 2000
Código: SAFD02
Documentación: RD

Que se aprende a facer?
Elaborar, coordinar, desenvolver e avaliar programas de acondicionamento físico para todos os tipos de persoas usuarias e en diferentes espazos de práctica, dinamizando as actividades e orientándoas cara á mellora da calidade de vida e da saúde, garantindo a seguridade e aplicando criterios de calidade, tanto no proceso como nos resultados do servizo.

 

En que ámbitos se traballa?
No ámbito público (Administración xeral do Estado e administracións autonómicas e locais) e en entidades de carácter privado, en ximnasios, empresas de servizos deportivos, padroados deportivos ou entidades deportivas municipais, clubs ou asociacións deportivas ou de carácter social, empresas turísticas (hoteis, cámping, balnearios, etc.), grandes empresas con servizos deportivos para o seu persoal, centros xeriátricos ou de carácter social, federacións deportivas ou organismos públicos de deportes (deputacións, direccións xerais de deporte, etc.).

 

Que ocupacións se desempeñan?
Adestrador/a de acondicionamento físico nas salas de adestramento polivalente de ximnasios ou polideportivos e en instalacións acuáticas, e de acondicionamento físico para grupos con soporte musical en ximnasios, instalacións acuáticas ou en polideportivos; instrutor/a de grupos de hidrocinesia e coidado corporal; promotor/a de actividades de acondicionamento físico; animador/a de actividades de acondicionamento físico; coordinador/a de actividades de acondicionamento físico e de hidrocinesia; monitor/a de aeróbic, de step, de ciclo indoor, de fitness acuático e de actividades afíns; instrutor/a das actividades de acondicionamento físico para colectivos especiais.

 

Cales son os módulos?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP1151 Acondicionamento físico na auga 213 8
MP1149 Actividades básicas de acondicionamento físico con soporte musical 160 6
MP1153 Control postural, benestar e mantemento funcional 187 7
MP1155 Formación e orientación laboral 107 4
MP1136 Valoración da condición física e intervención en accidentes 240 9
MP1150 Actividades especializadas de acondicionamento físico con soporte musical 123 7
MP1156 Empresa e iniciativa emprendedora 53 3
MP1148 Fitness en sala de adestramento polivalente 173 10
MP1157 Formación en centros de traballo 384
MP0017 Habilidades sociais 123 7
MP1154 Proxecto de acondicionamento físico 26
MP1152 Técnicas de hidrocinesia 105 6

Réxime ordinario

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2021-2022.

A Coruña



Concello Código Centro educativo Teléfono
Coruña, A 15005233 IES Agra do Orzán 881880080
Culleredo 15005749 CIFP Universidade Laboral 881960820

Ourense



Concello Código Centro educativo Teléfono
Ourense 32015050 CIFP A Farixa 988783012

Pontevedra



Concello Código Centro educativo Teléfono
Cangas 36000922 IES María Soliño 886120012
Lalín 36013758 IES Laxeiro 886151940
Vigo 36011579 IES A Guía 886111003
Vilagarcía de Arousa 36018380 IES Miguel Ángel González Estévez 886151791




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).