D3SSC000500
D3SSC000500 - LOOIFP | Promoción de igualdade de xénero
Que se aprende a facer?
Programar, desenvolver e avaliar intervencións relacionadas coa promoción da igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes, aplicando estratexias e técnicas do ámbito da intervención social, detectando situacións de risco de discriminación por razón de sexo e potenciando a participación social das mulleres.
En que ámbitos se traballa?
No ámbito público e privado, no sector da prestación de servizos de igualdade de xénero, en diferentes institucións e entidades que prestan servizos de carácter económico e comunitario orientados á igualdade efectiva de mulleres e homes: asociacións, fundacións, institucións, sindicatos, empresas, consultoras, servizos municipais, organismos de igualdade, centros comunitarios, etc.
Que ocupacións se desempeñan?
Promotor/ora de igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes, promotor/ora para a igualdade efectiva de mulleres e homes, e técnico/a de apoio en materia de igualdade efectiva de mulleres e homes.
Cales son os módulos?
| Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
|---|---|---|---|---|---|
| 1º | MP1404 | Ámbitos de intervención para a promoción de igualdade | 155 | 6 | |
| 1º | MP1128 | Desenvolvemento comunitario | 104 | 4 | |
| 1º | MP1401 | Información e comunicación con perspectiva de xénero | 155 | 6 | |
| 1º | MP0179 | Inglés profesional (GS) | 53 | 2 | |
| 1º | MP1709 | Itinerario persoal para a empregabilidade I | 106 | 5 | |
| 1º | MP0344 | Metodoloxía da intervención social | 133 | 5 | |
| 1º | MP1403 | Promoción do emprego feminino | 216 | 8 | |
| 1º | MP1708 | Sostibilidade aplicada ao sistema produtivo | 30 | 1 | |
| 2º | MO0004 | Afondamento nas competencias profesionais (GS) | 30 | 1 | |
| 2º | MP1665 | Dixitalización aplicada aos sectores produtivos (GS) | 30 | 1 | |
| 2º | MO0002 | Habilidades comunicativas en lingua estranxeira (GS) | 60 | 2 | |
| 2º | MP0017 | Habilidades sociais | 164 | 6 | |
| 2º | MP1406 | Intervención socioeducativa para a igualdade | 137 | 5 | |
| 2º | MP1710 | Itinerario persoal para a empregabilidade II | 50 | 2 | |
| 2º | MP1405 | Participación social das mulleres | 137 | 5 | |
| 2º | MP1402 | Prevención da violencia de xénero | 300 | 11 | |
| 2º | MP0020 | Primeiros auxilios | 82 | 3 | |
| 2º | MP1407 | Proxecto intermodular de promoción de igualdade de xénero | 50 |
Réxime de persoas adultas na modalidade semipresencial e a distancia
Oferta parcial, por módulos, de ciclos de formación profesional inicial en centros públicos polo réxime de persoas adultas na modalidade semipresencial e a distancia. Curso 2023-2024.
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).