D3SAN000800

 

D3SAN000800 - LOOIFP | Documentación e administración sanitarias

Ciclo formativo
Familia: Sanidade
Sistema educativo: LOOIFP
Grao: superior
Horas: 2000
Código: D3SAN000800
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Definir e organizar procesos de tratamento da información e a documentación clínica, extraendo e rexistrando datos, codificándoos e validando a información, e garantindo o cumprimento da normativa, así como intervir nos procesos de atención e xestión de pacientes e de xestión administrativa en centros sanitarios.

 

En que ámbitos se traballa?
No sector sanitario, en organismos e institucións do ámbito público e en empresas privadas, en atención tanto primaria como especializada, así como en centros hospitalarios e de investigación. Realizan o seu traballo baixo a supervisión do persoal facultativo correspondente ou xerente administrativo/a, de ser o caso. A súa actividade profesional está sometida a regulación pola Administración sanitaria estatal.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Técnico/a superior en documentación sanitaria. Responsable técnico/a de codificación de documentación sanitaria. Responsable técnico/a de arquivos de historias clínicas. Responsable técnico/a de tratamento e deseño documental sanitario. Responsable técnico/a de sistemas de información asistencial sanitaria. Responsable técnico/a de avaliación e control de calidade da prestación sanitaria. Responsable técnico/a de xestión de procesos administrativo-clínicos. Responsable de administración de unidades, departamento ou centros sanitarios. Asistente de equipos de investigación biomédica. Secretario/a de servizos sanitarios.

 

Cales son os módulos?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP1518 Arquivamento e documentación sanitarios 103 4
MP1521 Atención psicosocial a pacientes e persoas usuarias 107 4
MP1517 Extracción de diagnósticos e procedementos 135 6
MP0179 Inglés profesional (GS) 60 2
MP1709 Itinerario persoal para a empregabilidade I 107 4
MP0649 Ofimática e proceso da información 237 9
MP1708 Sostibilidade aplicada ao sistema produtivo 30 1
MP1516 Terminoloxía clínica e patoloxía 181 6
MO0004 Afondamento nas competencias profesionais (GS) 30 1
MP1520 Codificación sanitaria 301 11
MP1665 Dixitalización aplicada aos sectores produtivos (GS) 30 1
MO0002 Habilidades comunicativas en lingua estranxeira (GS) 60 2
MP1710 Itinerario persoal para a empregabilidade II 50 2
MP1524 Proxecto intermodular de documentación e administración sanitarias 50
MP1519 Sistemas de información e clasificación sanitarios 109 4
MP1522 Validación e explotación de datos 164 6
MP1523 Xestión administrativa sanitaria 164 6
MP1515 Xestión de pacientes 82 3

Réxime ordinario

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2023-2024.

Ourense



Concello Código Centro educativo Teléfono
Ourense 32008902 CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel 988788470

Pontevedra



Concello Código Centro educativo Teléfono
Redondela 36019566 IES de Chapela 886110610

Réxime de persoas adultas na modalidade semipresencial e a distancia

Oferta parcial, por módulos, de ciclos de formación profesional inicial en centros públicos polo réxime de persoas adultas na modalidade semipresencial e a distancia. Curso 2023-2024.




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).