D3QUI000200

 

D3QUI000200 - LOOIFP | Química industrial

Ciclo formativo
Familia: Química
Sistema educativo: LOOIFP
Grao: superior
Horas: 2000
Código: D3QUI000200
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Organizar e controlar as operacións das plantas de proceso químico e de coxeración de enerxía e servizos auxiliares asociados, supervisando e asegurando o seu funcionamento, as postas en marcha e as paradas, e verificando as condicións establecidas de seguridade, de calidade e ambientais.

 

En que ámbitos se traballa?
No sector químico nas áreas de produción de plantas químicas, de coxeración de enerxía e de servizos auxiliares.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Encargado/a de planta química. Encargado/a de operacións de máquinas para fabricar, transformar e acondicionar produtos químicos. Supervisor/ora de área de produción de enerxía. Supervisor/ora de área de servizos auxiliares. Supervisor/ora de refinarías de petróleo e gas natural. Xefe/a de equipo en instalacións de tratamento químico. Xefe/a de equipo en almacéns en industrias químicas. Xefe/a de parque de tanques en industrias químicas. Xefe/a de zona de recepción e expedición de materias e produtos químicos. Supervisor/ora de sistemas de control. Supervisor/ora de cuarto de control. Supervisor/ora de área en plantas de química de transformación. Supervisor/ora de área de acondicionamento. Responsable de formulación.

 

Cales son os módulos?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
1º MP0193 Acondicionamento e almacenaxe de produtos químicos 52 2
1º MP0192 Formulación e preparación de mesturas 107 4
1º MP0179 Inglés profesional (GS) 60 2
1º MP1709 Itinerario persoal para a empregabilidade I 107 4
1º MP0191 Mantemento electromecánico en industrias de proceso 133 5
1º MP0188 Operacións básicas na industria química 231 9
1º MP0194 Prevención de riscos en industrias químicas 80 3
1º MP1708 Sostibilidade aplicada ao sistema produtivo 30 1
1º MP0186 Transporte de sólidos e fluídos 160 6
2º MO0004 Afondamento nas competencias profesionais (GS) 30 1
2º MP1665 Dixitalización aplicada aos sectores produtivos (GS) 30 1
2º MO0002 Habilidades comunicativas en lingua estranxeira (GS) 60 2
2º MP1710 Itinerario persoal para a empregabilidade II 50 2
2º MP0185 Organización e xestión en industrias químicas 81 3
2º MP0195 Proxecto intermodular de industrias de proceso químico 50
2º MP0189 Reactores químicos 219 8
2º MP0190 Regulación e control de proceso químico 301 11
2º MP0187 Xeración e recuperación de enerxía 219 8

Réxime ordinario

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2023-2024.

A Coruña



Concello Código Centro educativo Teléfono
Coruña, A 15027770 IES A Sardiñeira 881960150

Lugo



Concello Código Centro educativo Teléfono
Cervo 27016509 IES Marqués de Sargadelos 982870193

Pontevedra



Concello Código Centro educativo Teléfono
Vigo 36013448 CIFP Manuel Antonio 886120750

Modalidade de formación profesional dual

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos na modalidade de formación profesional dual. Curso 2023-2024.

A Coruña



Concello Código Centro educativo Teléfono
Coruña, A 15027770 IES A Sardiñeira 881960150
Coruña, A 15027770 IES A Sardiñeira 881960150




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).