D3INA000200
D3INA000200 - LOOIFP | Procesos e calidade na industria alimentaria
Que se aprende a facer?
A competencia xeral deste título consiste en organizar e controlar os procesos de elaboración de produtos alimentarios programando e supervisando as operacións e os recursos materiais e humanos necesarios, aplicando os plans de produción, calidade, seguridade alimentaria, prevención de riscos laborais e protección ambiental, de acordo coa lexislación.
En que ámbitos se traballa?
As persoas con este perfil profesional exercen a súa actividade en empresas pequenas, medianas ou grandes da industria alimentaria integradas nun equipo de traballo onde realizan tarefas de xestión da produción, organización e control, nas áreas funcionais de loxística, investigación e desenvolvemento, calidade, seguridade alimentaria, prevención de riscos laborais e protección ambiental. Actúan como mandos intermedios baixo a supervisión de persoal responsable técnico de nivel superior, aínda que en pequenas empresas dispoñen dun maior grao de autonomía, e poden asumir labores de xestión e dirección de empresa.
Que ocupacións se desempeñan?
Xefe/a de liña, de planta de fabricación, de sección ou de almacén; xefe de quenda; supervisor/ora de equipamentos, procesos e produtos; encargado/a de produción; encargado/a de elaboración de novos produtos e desenvolvemento de procesos; técnico/a en análise de alimentos; técnico/a en análise sensorial; técnico/a en laboratorio de control de calidade; inspector/ora ou auditor/ora de calidade; encargado/a da xestión da seguridade alimentaria; encargado/a de aprovisionamentos; encargado/a da liña de envasamento e embalaxe; encargado/a de control ambiental e seguridade laboral; técnico/a comercial.
Cales son os módulos?
| Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
|---|---|---|---|---|---|
| 1º | MP0464 | Análise de alimentos | 160 | 6 | |
| 1º | MP0463 | Biotecnoloxía alimentaria | 107 | 4 | |
| 1º | MP0179 | Inglés profesional (GS) | 60 | 2 | |
| 1º | MP0470 | Innovación alimentaria | 51 | 2 | |
| 1º | MP1709 | Itinerario persoal para a empregabilidade I | 107 | 4 | |
| 1º | MP0191 | Mantemento electromecánico en industrias de proceso | 133 | 5 | |
| 1º | MP0468 | Nutrición e seguridade alimentaria | 77 | 3 | |
| 1º | MP0466 | Organización da produción alimentaria | 105 | 4 | |
| 1º | MP1708 | Sostibilidade aplicada ao sistema produtivo | 30 | 1 | |
| 1º | MP0465 | Tratamentos de preparación e conservación dos alimentos | 130 | 5 | |
| 2º | MO0004 | Afondamento nas competencias profesionais (GS) | 30 | 1 | |
| 2º | MP0084 | Comercialización e loxística na industria alimentaria | 164 | 6 | |
| 2º | MP0467 | Control microbiolóxico e sensorial dos alimentos | 109 | 4 | |
| 2º | MP1665 | Dixitalización aplicada aos sectores produtivos (GS) | 30 | 1 | |
| 2º | MO0002 | Habilidades comunicativas en lingua estranxeira (GS) | 60 | 2 | |
| 2º | MP1710 | Itinerario persoal para a empregabilidade II | 50 | 2 | |
| 2º | MP0469 | Procesos integrados na industria alimentaria | 137 | 5 | |
| 2º | MP0471 | Proxecto intermodular de procesos e calidade na industria alimentaria | 50 | ||
| 2º | MP0462 | Tecnoloxía alimentaria | 301 | 11 | |
| 2º | MP0086 | Xestión de calidade e ambiental na industria alimentaria | 109 | 4 |
Réxime ordinario
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2023-2024.
| Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
|---|---|---|---|
| Coruña, A | 15027897 | CIFP Paseo das Pontes | 881961030 |
| Ribeira | 15014556 | CIFP Coroso | 881866874 |
| Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
|---|---|---|---|
| Lugo | 27006516 | CIFP Politécnico de Lugo | 982220328 |
Réxime de persoas adultas na modalidade presencial
Oferta parcial, por módulos, de ciclos de formación profesional inicial en centros públicos polo réxime de persoas adultas na modalidade presencial. Curso 2023-2024.
Modalidade de formación profesional dual
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos na modalidade de formación profesional dual. Curso 2023-2024.
| Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
|---|---|---|---|
| Vigo | 36013448 | CIFP Manuel Antonio | 886120750 |
| Vilagarcía de Arousa | 36013771 | CIFP Fontecarmoa | 886151956 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).