D3IMP000200
D3IMP000200 - LOOIFP | Estilismo e dirección de peiteado
Que se aprende a facer?
Dirixir e supervisar o desenvolvemento dos servizos de peiteado, planificar e realizar tratamentos capilares estéticos e deseñar estilismos de cambio de imaxe, respectando criterios de calidade, seguridade, respecto polo medio e deseño universal.
En que ámbitos se traballa?
Na dirección de procesos de peiteado en empresas dedicadas ao sector e en producións audiovisuais e escénicas, onde se desenvolven tarefas individuais e en grupo nas áreas funcionais de deseño e innovación, organización e prestación de servizos, comercialización, loxística, calidade, prevención de riscos e xestión ambiental. Actúase por conta propia, cun alto grao de autonomía, asumindo labores de xestión e dirección, ou por conta allea, integrándose nun equipo de traballo con persoas dun nivel de cualificación igual, inferior ou superior.
Que ocupacións se desempeñan?
Dirección técnica en empresas de peiteado; dirección técnica artística de peiteado en producións audiovisuais, escénicas e de moda; especialista en tratamentos capilares;asesoría artística de peiteado; estilismo; especialista en próteses capilares e postizaría;consello e avaliación de empresas de peiteado; experto/a en coidados capilares en clientes con necesidades especiais; técnico/a en análise capilar; peiteador/ora especialista;traballador/ora cualificado/a en clínicas capilares e centros de medicina e cirurxía estética;técnico/a comercial; asesoría de imaxe; formación técnica en peiteado; asesoría de venda e demostración de produtos e aparellos de peiteado; asesoría de prensa especializada en imaxe persoal e peiteado.
Cales son os módulos?
| Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
|---|---|---|---|---|---|
| 1º | MP1064 | Dermotricoloxía | 131 | 5 | |
| 1º | MP0179 | Inglés profesional (GS) | 60 | 2 | |
| 1º | MP1709 | Itinerario persoal para a empregabilidade I | 107 | 4 | |
| 1º | MP1072 | Peiteado en coidados especiais | 80 | 3 | |
| 1º | MP1067 | Procedementos e técnicas de peiteado | 293 | 11 | |
| 1º | MP0750 | Procesos fisiolóxicos e de hixiene en imaxe persoal | 103 | 4 | |
| 1º | MP1065 | Recursos técnicos e cosméticos | 156 | 6 | |
| 1º | MP1708 | Sostibilidade aplicada ao sistema produtivo | 30 | 1 | |
| 2º | MO0004 | Afondamento nas competencias profesionais (GS) | 30 | 1 | |
| 2º | MP1071 | Dirección e comercialización | 109 | 4 | |
| 2º | MP1665 | Dixitalización aplicada aos sectores produtivos (GS) | 30 | 1 | |
| 2º | MP1069 | Estilismo en peiteado | 246 | 9 | |
| 2º | MP1070 | Estudo da imaxe | 109 | 4 | |
| 2º | MO0002 | Habilidades comunicativas en lingua estranxeira (GS) | 60 | 2 | |
| 2º | MP1710 | Itinerario persoal para a empregabilidade II | 50 | 2 | |
| 2º | MP1068 | Peiteados para producións audiovisuais e de moda | 191 | 7 | |
| 2º | MP1073 | Proxecto intermodular de estilismo e dirección de peiteado | 50 | ||
| 2º | MP1066 | Tratamentos capilares | 165 | 6 |
Réxime ordinario
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2023-2024.
| Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
|---|---|---|---|
| Coruña, A | 15024513 | CIFP Someso | 881880001 |
| Santiago de Compostela | 15023466 | IES Lamas de Abade | 881866611 |
| Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
|---|---|---|---|
| Vigo | 36018173 | IES de Teis | 886120464 |
Modalidade de formación profesional dual
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos na modalidade de formación profesional dual. Curso 2023-2024.
| Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
|---|---|---|---|
| Santiago de Compostela | 15023466 | IES Lamas de Abade | 881866611 |
| Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
|---|---|---|---|
| Monforte de Lemos | 27015311 | IES A Pinguela | 982828051 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).