D3EOC000300
D3EOC000300 - LOOIFP | Organización e control de obras de construción
Que se aprende a facer?
Organizar a pé de obra traballos de execución de edificación e obra civil, xestionando recursos, coordinando faenas e controlando unidades de obra realizadas, consonte as especificacións do proxecto, a planificación da obra, as instrucións recibidas, a normativa aplicable e as condicións establecidas en materia ambiental, de calidade, de seguridade e de saúde laboral.
En que ámbitos se traballa?
En pequenas, medianas e grandes empresas construtoras, administracións públicas, estudos de arquitectura e enxeñaría, e consultoras.
Que ocupacións se desempeñan?
Encargados/as e xefes/as de equipo en obras estruturais da construción, de obra de edificación en xeral, e de obras de rehabilitación e reforma en edificación; xefe/a de taller e/ou encargado/a de traballadores/as de acabamento de edificios; capataz en construción de edificios; encargado/a de obra civil en xeral, de movemento de terras, de firmes e pavimentos, e de obra civil en conducións e canalizacións; axudante de xefe/a de oficina técnica; axudante de planificador/ora; axudante de técnico/a de control de custos; técnico/a de control documental; especialista en implantacións.
Cales son os módulos?
| Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
|---|---|---|---|---|---|
| 1º | MP1290 | Control de estruturas de construción | 76 | 3 | |
| 1º | MP1287 | Documentación de proxectos e obras de construción | 153 | 5 | |
| 1º | MP0562 | Estruturas de construción | 77 | 3 | |
| 1º | MP0565 | Implantacións de construción | 103 | 4 | |
| 1º | MP0179 | Inglés profesional (GS) | 53 | 2 | |
| 1º | MP1709 | Itinerario persoal para a empregabilidade I | 106 | 5 | |
| 1º | MP1288 | Procesos construtivos en edificación | 202 | 8 | |
| 1º | MP1289 | Procesos construtivos en obra civil | 152 | 6 | |
| 1º | MP1708 | Sostibilidade aplicada ao sistema produtivo | 30 | 1 | |
| 2º | MO0004 | Afondamento nas competencias profesionais (GS) | 30 | 1 | |
| 2º | MP1292 | Control de execución en obra civil | 108 | 4 | |
| 2º | MP1291 | Control de execución en obras de edificación | 195 | 7 | |
| 2º | MP1665 | Dixitalización aplicada aos sectores produtivos (GS) | 30 | 1 | |
| 2º | MO0002 | Habilidades comunicativas en lingua estranxeira (GS) | 60 | 2 | |
| 2º | MP1710 | Itinerario persoal para a empregabilidade II | 50 | 2 | |
| 2º | MP0564 | Medicións e valoracións de construción | 137 | 5 | |
| 2º | MP0566 | Planificación de construción | 109 | 4 | |
| 2º | MP1294 | Proxecto intermodular de organización e control de obras de construción | 50 | 0 | |
| 2º | MP1293 | Rehabilitación e conservación de obras de construción | 271 | 10 |
Réxime de persoas adultas na modalidade semipresencial e a distancia
Oferta parcial, por módulos, de ciclos de formación profesional inicial en centros públicos polo réxime de persoas adultas na modalidade semipresencial e a distancia. Curso 2023-2024.
Modalidade de formación profesional dual
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos na modalidade de formación profesional dual. Curso 2023-2024.
| Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
|---|---|---|---|
| Ourense | 32015050 | CIFP A Farixa | 988783012 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).