D3ENA000400

 

D3ENA000400 - LOOIFP | Xestión da auga

Ciclo formativo
Familia: Enerxía e auga
Sistema educativo: LOOIFP
Grao: superior
Horas: 2000
Código: D3ENA000400
Documentación: RD

Que se aprende a facer?
Xestionar o uso eficiente da auga, organizando e desenvolvendo a montaxe, a posta en servizo, explotación e mantemento de redes e estacións de tratamento de augas, aplicando os requirimentos de calidade, tanto das instalacións como da auga e as medidas de prevención de riscos laborais e de protección ambiental requiridas pola normativa vixente.

 

En que ámbitos se traballa?
Administración e en empresas dedicadas a realizar a montaxe, a operación e o mantemento de redes e instalacións de auga, así como en empresas de tratamento de augas, e a reutilización de augas residuais.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Encargado/a de montaxe de redes de abastecemento e distribución de auga, encargado/a de montaxe de redes e instalacións de saneamento, encargado/a de mantemento de redes de auga, encargado/a de mantemento de redes de saneamento, operador/a de planta de tratamento de auga de abastecemento, operador/a de planta de tratamento de augas residuais, técnico en xestión do uso eficiente da auga, técnico en sistemas de distribución de auga.

 

Cales son os módulos?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP1573 Calidade e tratamento de augas 127 5
MP1575 Configuración de redes de auga 153 5
MP0179 Inglés profesional (GS) 53 2
MP1709 Itinerario persoal para a empregabilidade I 106 5
MP1572 Planificación e implantación 178 7
MP1576 Sistemas eléctricos en instalacións de auga 127 5
MP1708 Sostibilidade aplicada ao sistema produtivo 30 1
MP1580 Técnicas de montaxe en instalacións de auga 178 7
MO0004 Afondamento nas competencias profesionais (GS) 30 1
MP1577 Automatismos e telecontrol en instalacións de auga 190 7
MP1665 Dixitalización aplicada aos sectores produtivos (GS) 30 1
MO0002 Habilidades comunicativas en lingua estranxeira (GS) 60 2
MP1710 Itinerario persoal para a empregabilidade II 50 2
MP1578 Operacións en redes e instalacións de auga 272 10
MP1581 Proxecto intermodular en xestión eficiente da auga 50 0
MP0309 Técnicas de comunicación e de relacións 82 3
MP1579 Xestión de operacións, calidade e ambiente 108 4
MP1574 Xestión eficiente da auga 168 6

Modalidade de formación profesional dual

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos na modalidade de formación profesional dual. Curso 2023-2024.

A Coruña



Concello Código Centro educativo Teléfono
Santiago de Compostela 15015767 CIFP Politécnico de Santiago 881867601




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).