D1TCP001200
D1TCP001200 - LOOIFP | Tapizaría e cortinaxe
Que se aprende a facer?
Tapizar mobles, entear superficies e confeccionar cortinas, coxíns, fundas e outros elementos de decoración, cortando, marcando e ensamblando os materiais, aproveitándoos ao máximo e conseguindo produtos coa estética e o acabamento requiridos, operando coa calidade indicada, cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental correspondentes, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.
En que ámbitos se traballa?
En pequenas e medianas empresas ou talleres, xeralmente por conta allea, que se dedican a tapizar mobles, entear superficies, confeccionar toldos e fabricar e instalar produtos aplicados ao téxtil do fogar.
Que ocupacións se desempeñan?
Tapiceiro/a de mobles; tapiceiro/a artesanal; tapiceiro/a de decoración auxiliar; tapiceiro/a de vehículos; enteador/ora; reparador/ora de toldos; operador/ora de máquinas industriais de coser e bordar; montador/ora de cortinaxes e de estores.
Cales son os módulos?
| Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
|---|---|---|---|---|---|
| 1º | AM3163 | Ciencias aplicadas I | 146 | 5 | |
| 1º | AM3161 | Comunicación e ciencias sociais I | 175 | 6 | |
| 1º | MP3101 | Confección de artigos téxtiles para decoración | 204 | 7 | |
| 1º | MP3100 | Confección e montaxe de cortinas e estores | 237 | 8 | |
| 1º | MP3159 | Itinerario persoal para a empregabilidade | 60 | 2 | |
| 1º | MP3077 | Materiais e produtos téxtiles | 88 | 3 | |
| 2º | MP3005 | Atención á clientela | 122 | 3 | |
| 2º | AM3164 | Ciencias aplicadas II | 146 | 7 | |
| 2º | AM3162 | Comunicación e ciencias sociais II | 125 | 6 | |
| 2º | MP3160 | Proxecto intermodular de aprendizaxe colaborativa (GB) | 25 | 0 | |
| 2º | MP3078 | Tapizado de mobles | 285 | 7 | |
| 2º | MP3099 | Tapizado de murais e enteamento de superficies | 327 | 8 |
Réxime ordinario
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2023-2024.
| Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
|---|---|---|---|
| Coruña, A | 15027897 | CIFP Paseo das Pontes | 881961030 |
| Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
|---|---|---|---|
| Monforte de Lemos | 27015311 | IES A Pinguela | 982828051 |
| Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
|---|---|---|---|
| Vigo | 36013448 | CIFP Manuel Antonio | 886120750 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).