D1MAM001100
D1MAM001100 - LOOIFP | Carpintaría e moble
Que se aprende a facer?
Realizar operacións básicas de fabricación, instalación e montaxe de elementos de carpintaría e moble, mecanizando madeira e derivados, acondicionando superficies, aplicando produtos de acabamento e auxiliando nos procesos de tapizado, colaborando na elaboración de produtos coa estética e os acabamentos requiridos, operando coa calidade indicada, cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental correspondentes, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.
En que ámbitos se traballa?
En pequenas, medianas e grandes empresas, por conta allea ou propia, dedicadas á fabricación e á instalación de elementos de carpintaría e moble, así como á aplicación de produtos de acabamento e tapizado de mobles en xeral.
Que ocupacións se desempeñan?
Montador/ora de produtos de ebanistaría en xeral; montador/ora de mobles de madeira ou similares; montador/ora produtos de madeira excepto ebanistaría; montador/ora de envases e embalaxes de madeira e similares; acabador/ora de mobles de madeira; acoitelador/ora e vernizador/ora de parqué; vernizador/ora e lacador/ora de artesanía de madeira; vernizador/ora e lacador/ora de mobles de madeira; operador/ora de tren de acabamento de mobles; embalador/ora, empaquetador/ora e etiquetador/ora á man; peón da industria da madeira e da cortiza; tapiceiro/a de mobles.
Cales son os módulos?
| Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
|---|---|---|---|---|---|
| 1º | AM3009 | Ciencias aplicadas I | |||
| 1º | AM3163 | Ciencias aplicadas I | 146 | 5 | |
| 1º | AM3011 | Comunicación e ciencias sociais I | |||
| 1º | AM3161 | Comunicación e ciencias sociais I | 175 | 6 | |
| 1º | MP3075 | Instalación de elementos de carpintaría e moble | 160 | 5 | |
| 1º | MP3159 | Itinerario persoal para a empregabilidade | 60 | 2 | |
| 1º | MP3077 | Materiais e produtos téxtiles | 88 | 3 | |
| 1º | MP3074 | Operacións básicas de mecanizado de madeira e derivados | 281 | 10 | |
| 2º | MP3076 | Acabamentos básicos da madeira | 327 | 8 | |
| 2º | MP3005 | Atención á clientela | 122 | 3 | |
| 2º | AM3164 | Ciencias aplicadas II | 146 | 7 | |
| 2º | AM3162 | Comunicación e ciencias sociais II | 125 | 6 | |
| 2º | MP3160 | Proxecto intermodular de aprendizaxe colaborativa (GB) | 25 | 0 | |
| 2º | MP3078 | Tapizado de mobles | 285 | 7 |
Réxime ordinario
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2023-2024.
| Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
|---|---|---|---|
| Arteixo | 15020431 | CPR Agarimo | 981600687 |
| Coruña, A | 15024513 | CIFP Someso | 881880001 |
| Coruña, A | 15004204 | IES Rosalía Mera | 981252600 |
| Ferrol | 15006754 | CIFP Ferrolterra | 981333107 |
| Melide | 15008817 | IES de Melide | 881866109 |
| Ortigueira | 15020544 | IES de Ortigueira | 881930407 |
| Santiago de Compostela | 15015767 | CIFP Politécnico de Santiago | 881867601 |
| Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
|---|---|---|---|
| Lugo | 27006516 | CIFP Politécnico de Lugo | 982220328 |
| Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
|---|---|---|---|
| Estrada, A | 36002359 | IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez | 886151924 |
| Pontevedra | 36014489 | CIFP A Xunqueira | 886159860 |
| Salvaterra de Miño | 36020337 | IES de Salvaterra de Miño | 886110701 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).