D1IMP001100
D1IMP001100 - LOOIFP | Peiteado e estética
Que se aprende a facer?
Aplicar técnicas de limpeza e cambios de forma e cor do cabelo, así como técnicas básicas de maquillaxe, depilación, manicura e pedicura, atendendo á clientela e preparando os equipamentos, os materiais e as aéreas de traballo con responsabilidade e iniciativa persoal, operando coa calidade indicada, cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental correspondentes, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.
En que ámbitos se traballa?
Actividades por conta allea en salóns de peiteado e de beleza, en salas de peiteado e/ou estética, en ximnasios ou centros de beleza de hoteis, residencias de persoas maiores, hospitais e balnearios, baixo a supervisión de persoal técnico responsables. Tamén poden realizar de xeito autónomo servizos básicos de peiteado, manicura e pedicura, depilación e maquillaxe.
Que ocupacións se desempeñan?
Auxiliar de peiteado; axudante de manicura e pedicura; axudante de maquillaxe; auxiliar de depilación.
Cales son os módulos?
| Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
|---|---|---|---|---|---|
| 1º | MP3065 | Cambio de cor do cabelo | 150 | 5 | |
| 1º | AM3009 | Ciencias aplicadas I | 175 | 6 | |
| 1º | AM3163 | Ciencias aplicadas I | 146 | 5 | |
| 1º | AM3011 | Comunicación e ciencias sociais I | 206 | 7 | |
| 1º | AM3161 | Comunicación e ciencias sociais I | 175 | 6 | |
| 1º | MP3062 | Depilación mecánica e descoloración da peluxe superflua | 117 | 4 | |
| 1º | MP3159 | Itinerario persoal para a empregabilidade | 64 | 2 | |
| 1º | MP3064 | Lavado e cambios de forma do cabelo | 175 | 6 | |
| 1º | MP3060 | Preparación do contorno profesional | 87 | 3 | |
| 2º | MP3005 | Atención á clientela | 122 | 3 | |
| 2º | AM3164 | Ciencias aplicadas II | 146 | 7 | |
| 2º | MP3061 | Coidados estéticos básicos de uñas | 245 | 6 | |
| 2º | AM3162 | Comunicación e ciencias sociais II | 125 | 6 | |
| 2º | MP3063 | Maquillaxe | 367 | 9 | |
| 2º | MP3160 | Proxecto intermodular de aprendizaxe colaborativa (GB) | 25 | 0 |
Réxime ordinario
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2023-2024.
| Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
|---|---|---|---|
| A Laracha | 15027654 | IES Agra de Leborís | 881880676 |
| Ames | 15027721 | IES Plurilingüe de Ames | 881866729 |
| Coruña, A | 15024513 | CIFP Someso | 881880001 |
| Ferrol | 15025645 | IES Ricardo Carvalho Calero | 881938138 |
| Santiago de Compostela | 15023466 | IES Lamas de Abade | 881866611 |
| Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
|---|---|---|---|
| Lugo | 27015773 | IES Muralla Romana | 982828081 |
| Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
|---|---|---|---|
| Barco de Valdeorras, O | 32001725 | IES Lauro Olmo | 988320175 |
| Ourense | 32009116 | IES 12 de Outubro | 988788211 |
| Ourense | 32008914 | CPR Santo Cristo | 988220588 |
| Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
|---|---|---|---|
| Bueu | 36019463 | IES Johan Carballeira | 886159176 |
| Cambados | 36000569 | CPR Salesianos A Mercé | 986542750 |
| Pontevedra | 36006419 | CIFP Montecelo | 986850261 |
| Porriño, O | 36019529 | IES Ribeira do Louro | 986333956 |
| Vigo | 36018173 | IES de Teis | 886120464 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).