BADG11
BADG11 - Servizos administrativos
Que se aprende a facer?
Realizar tarefas administrativas e de xestión básicas, con autonomía, responsabilidade e iniciativa persoal, operando coa calidade indicada, cumprindo as normas ambientais, de seguridade e de hixiene no traballo, e comunicándose de xeito oral e escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.
En que ámbitos se traballa?
En centros, oficinas, despachos e departamentos administrativos ou comerciais de calquera tipo de empresa ou entidade de carácter privado ou público, en todos os sectores produtivos.
Que ocupacións se desempeñan?
Auxiliar de oficina; auxiliar de servizos xerais; auxiliar de arquivo; ordenanza; auxiliar de información; telefonista en servizos centrais de información; clasificador/ora e/ou repartidor/ora de correspondencia; gravador/ora-verificador/ora de datos; auxiliar de dixitalización; operador/ora documental; auxiliar de venda; auxiliar de dependente de comercio; operador/ora de cobramento ou caixeiro/a.
Cales son os módulos?
| Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
|---|---|---|---|---|---|
| 1º | MP3004 | Arquivamento e comunicación | 146 | 5 | |
| 1º | AM3009 | Ciencias aplicadas I | 175 | 6 | |
| 1º | AM3011 | Comunicación e ciencias sociais I | 206 | 7 | |
| 1º | MP3003 | Técnicas administrativas básicas | 179 | 6 | |
| 1º | MP3001 | Tratamento informático de datos | 204 | 7 | |
| 2º | AM3010 | Ciencias aplicadas II | 162 | 7 | |
| 2º | AM3012 | Comunicación e ciencias sociais II | 135 | 6 | |
| 2º | MP3008 | Formación en centros de traballo | 320 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).