SMAM01
SMAM01 - Deseño e amoblamento
Que se aprende a facer?
Deseñar mobles e elementos de carpintaría, xestionar a súa produción e a súa instalación, e participar no mantemento dos sistemas de calidade, de protección ambiental e de prevención de riscos laborais.
En que ámbitos se traballa?
No sector da produción e a instalación de carpintaría e moble, en pequenas, medianas egrandes empresas, por conta allea ou por conta propia, desenvolvendo funcións de deseño técnico, supervisión da produción, fabricación automatizada, execución de proxectos de amoblamento e montaxe de instalacións.
Que ocupacións se desempeñan?
Debuxante proxectista de mobles, técnico/a en desenvolvemento de produtos de carpintaría e mobles, proxectista de carpintaría e moble, xerente de empresas de madeira,moble e outras manufacturas, técnico/a de control de calidade en industrias de madeira e cortiza, encargado/a de oficina técnica, xefe/a de fabricación, controlador/ora de produción,xefe/a de sección, xefe/a de equipo.
Cales son os módulos?
| Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
|---|---|---|---|---|---|
| 1º | MP0987 | Automatización en carpintaría e moble | 187 | 7 | |
| 1º | MP0983 | Fabricación en carpintaría e moble | 213 | 8 | |
| 1º | MP0992 | Formación e orientación laboral | 107 | 4 | |
| 1º | MP0982 | Procesos en industrias de carpintaría e moble | 133 | 5 | |
| 1º | MP0984 | Representación en carpintaría e moblaxe | 213 | 8 | |
| 1º | MP0990 | Xestión da produción en carpintaría e moble | 107 | 4 | |
| 2º | MP0993 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 | 3 | |
| 2º | MP0994 | Formación en centros de traballo | 384 | ||
| 2º | MP0991 | Proxecto de deseño e amoblamento | 26 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).